El jueves 1 de marzo se aprobará inicialmente en pleno el PGOM de Burela, precedido de la celebración de las comisiones informativas pertinentes el próximo lunes. Tras la celebración del pleno se publicará en el DOG y en los medios de comunicación y se abrirá el plazo de exposición de dos meses para consulta de todos los vecinos (en la Plaza de Abastos, planta de Capitanía) y presentación de alegaciones.
O pleno para a aprobación inicial do PXOM burelés será o vindeiro 1 de marzo. O alcalde, o popular José María González Barcia, compareceu hoxe en rolda de prensa no Concello acompañado de boa parte do seu equipo de goberno para anunciar o calendario e o procedemento para a aprobación do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da localidade. González Barcia dixo que “Burela precisa desta documento canto antes” e agarda que “a oposición sexa coherente”.
Así, o alcalde indicou que o calendario será o seguinte, “mañá, xoves, serán convocadas as comisións informativas de seguemento do PXOM e de asuntos de pleno, que se celebrarán o vindeiro luns, día 27 de febreiro. O mesmo luns, inmediatamente despois de térense celebrado as indicadas comisións, será convocado o pleno extraordinario para a aprobación inicial do PXOM, sesión que se celebrará o vindeiro xoves, día un de marzo”.
Barcia explicou que “a partires de aí, hai que publicar o acordo de aprobación inicial en anuncios na prensa, no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia (DOG). Despois da publicación no DOG, haberá un prazo de exposición pública de dous meses, prazo durante o cal os veciños de Burela poderán consultar o documento nun local que se habilitará ao efecto, e que previsiblemente estaría ubicado na praza de abastos, na pranta de Capitanía, nos locais antes ocupados pola ADL”.
A este respecto, o rexedor anunciou a súa intención de celebrar unha exposición pública aberta a toda a cidadanía, exposición que correría a cargo dos técnicos do equipo redactor do proxecto. A data está sen concretar, pero baráxase a posibilidade que se faga na Casa da Cultura. Durante eses dous meses, ademais de consultar o documento, aqueles veciños que o desexen poderán presentar as alegacións pertinentes, “alegacións que terán que ser atendidas e contestadas todas e cada unha delas”.
O alcalde de Burela sinalou que “posteriormente, o pleno do Concello volverá a reunirse para aprobar provisionalmente, se procede, o documento do PXOM, coas alegacións que se acepten debidamente incorporadas. A continuación, o PXOM será remitido desde o Concello ás distintas administracións competentes para a emisión dos informes que procedan (Xunta de Galicia, Goberno do Estado, Deputación Provincial, etc.)”.
José María González Barcia non quixo marcar prazos para a aprobación provisional e para a aprobación definitiva do PXOM, ainda que afirmou que “a aprobación provisional pode producirse durante o verán. En todo caso farase tan rápido como se poida”.
O rexedor afirmou que “porque Burela precisa deste documento canto antes, o pleno do día un de marzo é, sen dúbida, un dos máis importantes que se teña celebrado no noso Concello, porque nel aprobaremos, se procede, un documento que vai marcar o futuro do noso concello nos próximos anos”.
Barcia manifestou que “este alcalde, este equipo de goberno, cumplen o que din. No seu día manifestamos que o PXOM debería estar aprobado inicialmente no primeiro trimestre do presente ano, e ímolo cumplir. Hai que destacar que houbo que traballar dabondo nestes últimos oito meses para madurar o PXOM e atender aos informes emitidos polo Ministerio de Fomento e pola Xunta de Galicia. Se o informe da Xunta podemos calificalo como ‘asumible’, o de Fomento emitido hai catorce meses non deixaba ningunha dúbida sobre o que había que facer, e así o entendimos. Por eso, estou seguro que é millor ter un plan, ainda que pode que mellorable, que non ter nada”.
Por outra banda, González Barcia asegurou que “as aportacións dos veciños poden ser moi valiosas para enriquecer o documento que imos aprobar inicialmente, e estou seguro que en boa medida así será. Os veciños terán toda a información que queiran sobre o PXOM durante eses dous meses entre as nove da mañán e as dúas da tarde, de luns a venres”.
Finalmente, o alcalde dixo estar convencido de que “os grupos da oposición van ser coherentes e van optar por unha posición constructiva, outro posicionamento non sería entendible”.